lunes, 25 de mayo de 2020

Porque  aprender de alimentación sempre é interesante. Grazas as achegas das familias❤️
https://monicacalvoserrano.wixsite.com/masqrecetas/blog/

Recortables chulis

Unha paxiniña moi chuli con uns recortables xeniais
https://zaragozamuseos.home.blog/2020/05/15/mujeres-artistas-taller-de-dibujos-y-recortables-en-papel/

viernes, 22 de mayo de 2020

Paxiniña chuli

Ola, ola familias:
Déixovos un a paxiniña moi chuli para consultar 💓
Moitos bicos virtuiais

miércoles, 13 de mayo de 2020

Bos días familias,

Quero compartir  unha iniciativa que mandou a miña compi Mariajo,   de 1º de EP, que a súa vez é unha iniciativa do Salón do Libro de Pontevedra, unha Escola Virtual de Lectura para as familias. Nesta mensaxe adxúntovos o programa e ademáis déixovos aquí a descrición que fai a propia organización desta actividade:

"Volve a nosa Escola de Lectura, desta vez en formato virtual! Para darlle ideas a papás e mamás (tías, avoas e demais familia) a como facer do libro e a lectura un lugar de encontro, de lecer, de risas e xogos e tamén de reflexión. Cun programa de luxo! Facede ocos nas vosas axendas (semi)con(fin)adas os venres ás 18.00 h! (e se vos pilla con lío, non vos preocupedes, queda na rede!)" (Youtube, Facebook e Instagram)

Ademáis, no seguinte enlace podedes acceder a primeira sesión que tivo lugar o venres pasado: https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA

Apertas virtuais, 
Isa.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Hoxe conmemórase a morte de María Montessori, hoxe en día moi de moda nas escolas de todo o mundo, gran descoñecida para moitxs.Déixovos un enlace cun vídeo para descubrir algo sobre ela.
Para todxs aquelxs que edycamod dende o ❤️
https://www.youtube.com/watch?v=qfHuoq8MLaw

lunes, 20 de abril de 2020

Romina, nai de N. fainos chegar este conto tan bonitiño; 
facede clic na imaxe para poder velo:

Contos en pixama. Gold Edition - YouTube

Canción personalizada en tempos de cuarentena

Apetécevos que o/a vosx peque teña unha canción personalizada? 
  • Vai a Google
  • Pon no google Tina y Tin e  nome do/a peque 
  • Dalle a entrer e...
e xenérase unha canción

Canciones infantiles personalizadas 🚀 Tina & Tin 🎸 - YouTube

viernes, 16 de diciembre de 2016

Clesografía

Para facer as portadas do primeiro trimestre empregamos unha técnica plástica chamada clesografía; dita técnica consiste en pintar un debuxo, dobrar a metade o papel onde foi debuxado e logo sumerxilo coa finalidade de crear una copia igual





martes, 31 de enero de 2012

Algo para divertirse

Ola familias! Hoxe andaba eu lidando no conto semanal que leeremos este venres na escola e lembreime dunha paxiniña moi chula dunha mestra(Sabela) na que se poden ver moitos contiños e cancións de contos. Se queredes ver un conto clicade na imaxe e ..... a divertirse!!!!:

miércoles, 6 de julio de 2011

Origami

Boa familia!. hoxe propóñovos unha actividade que require algo de paciencia:o Origami; qé é isto? pois consiste en acer figuras plegando papeis, así fanse animais, árbores, cousas, etc. déixovos un enlace dunha web xaponesa: clocade na palabra Origami e a traballar!.
Biquiños, Isa.

domingo, 6 de marzo de 2011

Para relaxarse nas vacacións...

Ola familias! cómo van esas vacacións?, espero que moi ben e que collades moita, moita enerxía para a volta. Hoxe, dado que estamos traballando o coidado do corpo e a alimentación, ocurríuseme que podía poñervos un enlace para quen quixera practicar algo de Ioga na casa c@s pequech@s.
Espero que o disfrutedes!.

domingo, 20 de febrero de 2011

Xogamos cos alimentos

Póñovos diferentes enlaces para que  xoguedes dende casa  a:
MENÚS EQUILIBRADOS                                              



GRUPOS DE ALIMENTOS









FACER PARELLAS, SOBRE A NECESIDADE DE LAVAR OU NON AS MANS...









Agora sólo queda unha cousa: DIVERTIRSE!!!

viernes, 18 de febrero de 2011

Cousas para facer en casa

Algúns links para faceres cousiñas de alimentación en casa:
Para colorear alimentos:
https://picasaweb.google.com/brimar333/DibujosDivertidosDeAlimentos#

Para cociñar:
http://www.recetas-cocina.com.es/cocina/category/recetas-para-ninos/
http://www.menudospeques.net/alimentacion-y-nutricion/recetas-de-cocina/recetas-infantiles

Póñovos unha lámina para imprimires na casa coa que podedes rexistrar na casa receitas, e facer un libriño de receitas.
 
Alguén se apunta a presentarnos algunha receita?

Traballando á alimentación

Ola familias! tras un necesario parón xa que andamos algo liad@s! estamos de volta. Estes días andamos investigando na alimentación, estamos vendo o que comemos, que tipo de alimentos existen, a que grupos pertencen, que cousas nos aportan... En Couso pensamos que a alimentación e cousa de tod@s, e neste caso como escola pretendemos por o noso grao de area,  unha das funcións como escola é facilitarvos información sobre os alimentos transxénicos, que como sabedes perxudican á saúde. 
Lembrade:
BOA ALIMENTACIÓN= MELLOR SAÚDE

http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Transgenicos/Problemas-de-los-transgenicos/

domingo, 28 de noviembre de 2010

Cancións do cole

Cada día no cole empregamos algunhas cancións que asociamos con certas actividades, á hora de chegada, á de saída, ao momento de recoller, etc. Eiquí vos dixo a algunhas dela cantadas por esta servidora (non vos riades moito eh!).

martes, 26 de octubre de 2010

Boñequiños para disfrazar!

Ola familias!:
Lembrades cando de pequenos/as vestíamos a bonecos/as de papel?. Déixovos unhas imaxes para imprimires en casiña e que disfracedes ao/as bonequiños/as.



miércoles, 6 de octubre de 2010

Un libriño de monstros!


Xa estamos en outubro, comezou o outono e con este mes a celebración de moitas festas. Estes días andamos algo enredad@s co Samhaín, coas pantasmas, bruxas... Deixovos un libriño para que leades en casiña dun monstro  moi, moi particular. para lelo facede clic na imaxe, e depois, para pasar de páxina, ídelle dando ao símbolo  da flecha que está sobre a imaxe.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Aprendendo a comer

Unha das propostas que fago cada ano ás  familias é o desenvolvemento das "Merendas Saudables". Cada día da semana establécese unha merenda predeterminada, ¿pero en que beneficia isto aos/ ás pequechos/ as?, vexamos:
- aprendemos a comer,
- aprendemos a aceptar distintos tipos de alimentos,
- aprendemos hábitos alimenticios relacionados co feito de comer: lavar as mans, emprego de mantel,  manter limpa a mesa tras comer, hábitos de mastigación...
- aprendemos a comer en sociedade ( con outros/ as distintas da nosa familia),
- asegurámonos que a proporción de calorías, nutrintes, etc é adecuada á nosa idade.
 Eiquí vos deixo uns libriños moi chulos relacionados coa alimentación:

Watt, F.(2001). ¡Vamos a comer!. Barcelona:Usborne.
Prezo: sobre  6 Euros



Smith, A. (1998).¿Qué pasa cuando comes?. Barcelona:Usborne
Prezo: sobre 9 Euros.