Bos días familias,
Quero
compartir unha iniciativa que mandou a miña compi Mariajo, de 1º de EP, que a súa vez é unha iniciativa do Salón do Libro de Pontevedra, unha
Escola Virtual de Lectura para as familias. Nesta mensaxe adxúntovos o
programa e ademáis déixovos aquí a descrición que fai a propia
organización desta actividade:
"Volve
a nosa Escola de Lectura, desta vez en formato virtual! Para darlle
ideas a papás e mamás (tías, avoas e demais familia) a como facer do
libro e a lectura un
lugar de encontro, de lecer, de risas e xogos e tamén de reflexión. Cun
programa de luxo! Facede ocos nas vosas axendas (semi)con(fin)adas os
venres ás 18.00 h! (e se vos pilla con lío, non vos preocupedes, queda
na rede!)" (Youtube, Facebook e Instagram)
Ademáis, no seguinte enlace podedes acceder a primeira sesión que tivo lugar o venres pasado: https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA
Apertas virtuais,
Isa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario