domingo, 25 de diciembre de 2016

Felices vacacións

Familias!felices vacacións!; quero agradecervos a vosa asistencia à festa de onte, moitos, moitos bicos, vémonos á volta das vacacións. Déixovos unha imaxe de actividades para peques en Nadal.








viernes, 16 de diciembre de 2016

Obradoiro de fofuchas

Esta semana tivemos a visita de Montse, a nai de Adri, que veu a explicarnos como se facían as fofuchas, paámolo xenial!!!! GRAZAS MONTSE!!!<3, esperamos que o disfrutaras tanto coma nós. Animádevos a participar!é toda unha experiencia!.

Os bailongos oficiais da aula

Tras unha merenda dun día calquera, os peques con ganas de bailoteo


Giusseppe Arcimboldo

A iniciación na arte é algo fundamental dende idades temperás, @s nos@s peques coñeceron a obra de Arcimboldo e fixeron unha obra de arte persoal empregando froitas, verduras... pronto as veredes.





Clesografía

Para facer as portadas do primeiro trimestre empregamos unha técnica plástica chamada clesografía; dita técnica consiste en pintar un debuxo, dobrar a metade o papel onde foi debuxado e logo sumerxilo coa finalidade de crear una copia igual





domingo, 27 de noviembre de 2016

Visita museo do mar

Fixemos unha visita ao Museo do mar onde puidemos ver o acuario, e dentro del diferentes especies mariñas: un tiburón, cabaliños de mar, peixes paiaso, mantaraias... Tamén déronnos unha charla informativa sobre os animais do acuario, déixos unhas fotiños,hai motas máis que veredes en fin de curso.







Obradoiro de arte e manualidades

Como ben saberedes estes días andamos moi ocupados/as aprendendo a facer pompóns, francamente pensei que íalles costar algo, a realidade: fixéronno de cine, déixovos coa inquedanza de saber para qué os empregaremos;).Tamén andamos a voltas coa obra do pintor manierista Giussepe Arcimboldo, o resultado, en breve, nas vosas casas.

 










Unha de castañas!

Como cada ano celebramos o magosto na escola, para elo preparamoso bolsiño das castañas nun obradoiro coa cla se 4º de Ei, quedaron moi chuscos, non si?. Despois fixemos xogos populares en grupos mixturados con todo o cole e,  como non!, paparotada de castañas!.









Chegou o Samaín

Chegou o Samaín e con él chegou a bruxa piruxa e "Corre, corre, cabaciña", fixemos actividades como a decoración da nosa porta (é unha bruxa verde- Bruxa Piruxa con sombreiro) fixemos os seus ollos e o seu sombreiro, nestes días colgo foto pois caéusenos o sombreiro da bruxa :). Tamén os compis de terceiro viñeron a facer o "trick or treat"que os/as peques entenderon xenial. 


 

lunes, 7 de noviembre de 2016

Miniconto_poesía

O pequeno vermiño encantoulles, animádevos a aprender este miniconto en formato poesía toda a familia.

Miniconto_poesía

O pequeno vermiño encantoulles, animádevos a aprender este miniconto en formato poesía toda a familia.

Visita asociación de xordos

O venres tivemos a visita da Asociación de xordos de Vigo, contáronnos un conto moi chulo dun cocodrilo que estaba namorado, empregaron sinais coas mans e unha traductora interpretábaas, o cal chamoulles moito a atención.
Aprendemos como se dí xirafa, cocodrilo, mono, oso...
Foi moi divertido.
 
 


Retroconta ABN

Como sabedes na aula traballamos certos aspectos matemáticos con ABN, hoxe ensinámosvos como aprendemos a contar "cara atrás, cara atrás" con depegue de cohete incluído. :) 
video
 

domingo, 6 de noviembre de 2016

Mandalas

Os mandalas axúdannos a conseguer relaxación e favorecen o control sobre o noso corpo e a nosa mente (autocontrol). No Recuncho da plástica levamos uns días traballando os mandalas e esta vez empregamos a técnica do puntillismo(pintar con puntos). É un traballo complicado pero que os/as peques fan de maravilla, están quedando preciosos, en breve na casiña!!!