domingo, 28 de noviembre de 2010

Cancións do cole

Cada día no cole empregamos algunhas cancións que asociamos con certas actividades, á hora de chegada, á de saída, ao momento de recoller, etc. Eiquí vos dixo a algunhas dela cantadas por esta servidora (non vos riades moito eh!).

martes, 26 de octubre de 2010

Boñequiños para disfrazar!

Ola familias!:
Lembrades cando de pequenos/as vestíamos a bonecos/as de papel?. Déixovos unhas imaxes para imprimires en casiña e que disfracedes ao/as bonequiños/as.



miércoles, 6 de octubre de 2010

Un libriño de monstros!


Xa estamos en outubro, comezou o outono e con este mes a celebración de moitas festas. Estes días andamos algo enredad@s co Samhaín, coas pantasmas, bruxas... Deixovos un libriño para que leades en casiña dun monstro  moi, moi particular. para lelo facede clic na imaxe, e depois, para pasar de páxina, ídelle dando ao símbolo  da flecha que está sobre a imaxe.

lunes, 27 de septiembre de 2010

Aprendendo a comer

Unha das propostas que fago cada ano ás  familias é o desenvolvemento das "Merendas Saudables". Cada día da semana establécese unha merenda predeterminada, ¿pero en que beneficia isto aos/ ás pequechos/ as?, vexamos:
- aprendemos a comer,
- aprendemos a aceptar distintos tipos de alimentos,
- aprendemos hábitos alimenticios relacionados co feito de comer: lavar as mans, emprego de mantel,  manter limpa a mesa tras comer, hábitos de mastigación...
- aprendemos a comer en sociedade ( con outros/ as distintas da nosa familia),
- asegurámonos que a proporción de calorías, nutrintes, etc é adecuada á nosa idade.
 Eiquí vos deixo uns libriños moi chulos relacionados coa alimentación:

Watt, F.(2001). ¡Vamos a comer!. Barcelona:Usborne.
Prezo: sobre  6 Euros



Smith, A. (1998).¿Qué pasa cuando comes?. Barcelona:Usborne
Prezo: sobre 9 Euros.