sábado, 24 de diciembre de 2011

Felices Vacacións de Inverno!!!

Ola familias! quría desexarvos unhas boas festas e agradecervos a vosa colaboración a cotío no desenvolvemento das actividades da escola.
Moitos biquiños e vémonos tras as festas!!!!!,
Isa.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Tempo de Nadal!

Boas familias! déixovos unhas ideiñas de cousas que podemos facer en Nadal!.dende árbores ata algunhas etiquetas para imprimir. Como vedes  o Nadal non é só cousa de Reis Magos e Papa Nóel!
Apertas, Isa.




Cumpleañeir@s Emilio, Erika, Sergio, Yeray!

Ola familias!
Nos pasados días celebramos en portela os cumples de Novembro; como eramos moitos fixemos unha torta algo máis complicada, cortamos pexegos, untamos nata, puxemos fideos de chocolate... A receita é a seguinte:
INGREDIENTES
- Magdalenas e sobaos
- Nata
-Pexegos
-Fideo de chocolate
PREPARACIÓN



Pasamos un día estupendo mirade que cumpleañeiros/ as máis chulos/as! 








viernes, 25 de noviembre de 2011

Monstros!!!!!

Nestes días seguimos traballando co medo, as emocións e  ...
 ... OS MONSTROS!!!!
Os días pasados fixemos uns monstros peculiares!Dieíxámosvos unhas fotiños deles; o material que empregamos foi:
  • Cartolinas,
  • Papel branco,
  • Pintura morada e vermella,
  • Ollos móbiles.

Cumpleañeiros Cristian e Iván

Ola familias!
No mes pasado celebramos nas escola os cumples de Iván e Cristian. Fixemos unha torta sinxeliña,aínda que aoprincipio a Nocilla revelóuse e tardou en untarse; menos mal que tiñamos a axuda dos/as cociñeiras/os boísimos/as da escola de Portela. Mirade que fotos sacamos!

Mirade esta é a nosa receita:
INGREDIENTES:
2 bases de torta ( ou un biscoito)
nocilla
lacasitos
nata
Esperemos que vos guste!

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Uns días de troula...

Ola familias! como vedes nas semanas pasadas celebramos no cole o Samhaín!; como sabedes fixemos un obradoiro de cociña para facer unha merenda monstruosa"ARAÑAS"; 
INGREDIENTES:
- lacasitos
- reglices
-madalenas
- nocilla.
A verdade e que somos moi, moi bos cociñeiros/as. Mirade algunha das fotos e xulgade:








domingo, 23 de octubre de 2011

A cousa vai de Bruxas, pantasmas...

Ola familias! estes días andoalgo atarefada pesquisando cousiñas na rede sobre as bruxas, os pantasmas...
déixovos uns links para que vexades uns vídeos divertidos!. NOTA  están na lingua de MONKEY!!!! In English!. Enjoy them! 
(clickade nas imaxes)

 A BRUXA MEG




OSOS DIVERTIDOS- Episodio "Dalle un oso ao can"
Eiquí póñovos unha páxina con moitos poemas de monstros, pantasmas...
Unha aperta!
http://www.poemitas.com/monstruos.htm 
(clicade enrriba do enlace e veredes as poesías)

viernes, 21 de octubre de 2011

Preparando o corpo para o Samhaín!

Ola familias! Estes días andamos moi, moi atarefados na escola; xa empezaron a chegares as primeiras cabazas á escola! unhas son pequerrechas e outra enooooooorme!!!, estanos a quedar a clase chulíííísima!!!. nos seguirntes días tomaremos fotos, pero ímosvos contar o que faremos:
 durante toda a semana confeccionaremos monstros de brick e traballaremos o tema do medo; asemade faremos un obradoiro de cociña no que imos facer magdalenas-araña e magdalenas- momia!. Nuns días poñémosvos fotos!, mentres tanto deixámosvos unhas cousiñas para que vos divirtades en casa:
(fai  clic nas imaxes para  ver os vídeos)
MANI MANITAS: VÍDEO DE HALLOWEEN.










CANCIÓN:"LA BRUJA LOCA"


POEMA DEL VAMPIRO:
Era de noche,
había un castillo,
se abre la puerta,
entra un vampiro,
mete la mano,
saca un cuchillo,
y...,
unta mantequilla, unta mantequilla, unta mantequilla.

POEMA DA ARAÑA: 
Unha araña pequeniña, 
teceu, teceu, teceu,
veu a choiva e  ao chan caeu,
abriu o sol,
e a choiva marchou,
e a araña pequeniña,
de tecer rematou.

viernes, 14 de octubre de 2011

Noticias frescas de... NOA e VEGA!!!!!

Ola familias, o outro día levei unha grandísima sorpresa ao abrir o correo! tiñamos noticias de Noa e Vega.
A nosa Noa xa foi operada e está recuperada! do cal alegrámonos MOITO!!!, este ano non puido ir moito á praia pero vai xuntar as ganas de bañarse para o ano que ven!!!, e ainda así aproveitou as actividdaes do Concello! ben feito Noa!
Sei que andivo vestindo a Elmo e xogando na web, qué ben!!!!
Tamén foi ao zoo! mirade que guapa está na foto!
E tamén recibimos noticias de Vega!!!! sabemos que nos segue e que nos bota de menos taaaaaaaanto como eu a vós!
Biquiños familias!!!

lunes, 12 de septiembre de 2011

Xa temos novas de... FERNÁN

Ola familias!!! hoxe recibín unha sorpresa que me fixo moitísima ilusión!!!, 
RECIBÍN UN E-MAIL DE FERNÁN E OS SEUS PAPIS (MARTA E DIEGO).
Fernán pasou fixo moitas, moitas cousas en verán: foi á praia co avó,  andou de festeiro cos papis e o Martiño e  foi ás actividades do Concello; ben feito!!!. tamén sei que segue cociñando, e nada menos que pizza!!!, bravo!!!!.
O meu verán foi bastante tranquiliño, algo de campismo, excursións... e tomei mooooitas forzas para o novo curso; seguro que o voso será magnífico con Rossana!!.
Asemade fer mandounos uns debuxos, un do mundialmente archicoñecido "Raio Mcqueen" e outro paisaxe PRE-CIO-SO.
MIRÁDEOS:


Grazas papis e Fer por seguirnos! eiquí andaremos na nosa andaina de a cotío, tentándoo facer o mellor que sabemos e compartir. Lembrade que tendes unha ex-profe e amiga para sempre!!!!.
Quérevos,
Isa.
PD:MOITOS BIQUIÑOS A TODOS E TAMÉN PARA O MARTIÑO!!!






Benvid@s á escola!!!

Ola familias! xa estamos eiquí ás voltas co novo curso, con ganas de comezar, somos 11 na aula: Arón, Cristian, Diego, Emilio, Erika, Ismael, Iván, Sergio, Xes, Xulián, Yeray. Hoxe tivemos a primeira toma de contacto, que  foi estupenda!!! grazas por vires á escola!!!!. Damos por inaugurado o curso????, si???,
BENVID@S POIS!!!!

lunes, 29 de agosto de 2011

E seguimos cociñando...

Ola familias!
 Como é costume en nós propóñovos cociñar algo en familia; esta receita coñecinna pola miña amiga Débora (que é unha experta nestas tortas);  trátase dunha especie de torta chamada "Clafoutis". A máis tradicional está feita de cereixas, pero a que eu propoño é de froitos silvestres como as moras ou arandos... 
INGREDIENTES:
300 gr de froitos silvestres
1/2 cucharadiña de extracto de vainilla
1 sobre de azúcar avainillado
80 gr de azúcar
100 gr de fariña
4 ovos
200 ml de nata
150 ml de leite
50 gr de margarina (textura pomada)- conséguese sacando a manteiga ou margarina  da neveira con 1 hora de anterioridade e baténdoa.
40 gr de améndoa moida
azúcar moreno
PREPARACIÓN:

Aquecemos o forno a 180º.
Engraixamos o molde e espolvoreamos azucre moreno como faríamos coa fariña.
Pomos nun bol todos os ingredientes menos as froitas silvestres. Misturamos ben todo ata que quede una masa lixeira.
Volcamos a masa no molde e a continuación engadimos as froitas  silvestres.
Meter no forno entre 30-45 min.
Este é o resultado; sinto que as fotos son algo malas, son co móbil!!!.





Quen se atreve coa receita?. mandádeme fotos!!!!


viernes, 26 de agosto de 2011

Que tal vai o verán?

Boas familias!. Como vai ese verán?. Xa estamos a piques do novo curso e encantaríame saber como pasastes o verán, que fixestes, se vos gustou o video de despedida... ogallá me contedes cousiñas pronto, podedes escibirme ao enderezo electrónico:
aescoladivertida@gmail.com
mandádeme fotos e póñoas no blogue. 
Este ano foi moi bonito, espero que me recordedes con tanto agarimo como fareino eu, mil grazas unha vez máis. 
 Un biquiño enorrrrrme!!!,
Isa.
PD: xa estrenei a mochila e cada vez que a uso e din que bonita é dígolles regaláronma os meus pequechos!!!.

miércoles, 6 de julio de 2011

Origami

Boa familia!. hoxe propóñovos unha actividade que require algo de paciencia:o Origami; qé é isto? pois consiste en acer figuras plegando papeis, así fanse animais, árbores, cousas, etc. déixovos un enlace dunha web xaponesa: clocade na palabra Origami e a traballar!.
Biquiños, Isa.

lunes, 4 de julio de 2011

Xogamos nas vacacións!!!

Ola familias!!! xa ando por eiquí de volta! en plena mudanza de casa por iso deixeivos o DVD na sede! con todo patiñas pa´rriba pero acordándome moiiiiiiiito, moooooooooito de vós!!!. Non sabedes que emoción foi o último e penúltimo día, somesntes podo dicirvos WOW!!!!flipei!!.
Bueno, como andamos en verán agora temos tempo para xogar!; xogamos?.
Xogo de vestir a Elmo (vestimos a elmo arrastrando a roupa de deteita a esquerda)


Xogo de bailar con Elmo (para bailar hai que pulsar na testa, tronco ou pernase imitar a Elmo)



Outro xogo vestimos a Super Coco

E agora , qué tal si cantamos? clica na imaxe e poderás aprender a canción: "Pintar, pintar" de Barrio Sésamo; qué recordos e papis e mamis?; esta canción é da nosa quinta!


Un biquiño!!!.por certo quitei o taboleiro porque enchíase se spam!!!.

viernes, 24 de junio de 2011

ÚLTIMAS CUMPLEAÑEIRAS!!!

As últimas cumpleañeiras do curso foron:Palma, Claudia e Paula. Cando fixemos a torta démonos conta do ben que se nos da a estas alturas cociñar, agora "napar"(cobrir) unha torta de crema xa non é un problema. decoramos e fixemos a torta en tan só 30 min, WOW!!!!.
Ingredientes da nosa torta:
- 1 base de torta prefeita,
- 1 bote de crema de cacao,
- 2 botes de lacasitos,
- 1 bote de nata.
Eiquí tendes algunhas fotiñas d@s tarteir@s e cumpleañeir@s!!

domingo, 15 de mayo de 2011

Cumpleañeir@s Alba, Brais e Vega!!!

Ola familias!:
Eiquí andamos de novo @s tarteir@s do "Reino de Couso", jejje, como vedes nas imaxes cada vez as nosas aptitudes como confiteir@s son maiores, polo que atrevémonos con tortas máis difíciles. esta foi un biscoito de chocolate e nata elaborado cos seguintes ingredientes:

- 1 tableta de chocolate,
- 6 ovos,
- 1 iogur de chocolate,
- 2 culleradas de margarina,
-  18 culleradas de fariña,
- 18 culleradas de azucre,
- 1 bote de nata montada.


Algunhas fotos do proceso son as seguintes: