lunes, 29 de agosto de 2011

E seguimos cociñando...

Ola familias!
 Como é costume en nós propóñovos cociñar algo en familia; esta receita coñecinna pola miña amiga Débora (que é unha experta nestas tortas);  trátase dunha especie de torta chamada "Clafoutis". A máis tradicional está feita de cereixas, pero a que eu propoño é de froitos silvestres como as moras ou arandos... 
INGREDIENTES:
300 gr de froitos silvestres
1/2 cucharadiña de extracto de vainilla
1 sobre de azúcar avainillado
80 gr de azúcar
100 gr de fariña
4 ovos
200 ml de nata
150 ml de leite
50 gr de margarina (textura pomada)- conséguese sacando a manteiga ou margarina  da neveira con 1 hora de anterioridade e baténdoa.
40 gr de améndoa moida
azúcar moreno
PREPARACIÓN:

Aquecemos o forno a 180º.
Engraixamos o molde e espolvoreamos azucre moreno como faríamos coa fariña.
Pomos nun bol todos os ingredientes menos as froitas silvestres. Misturamos ben todo ata que quede una masa lixeira.
Volcamos a masa no molde e a continuación engadimos as froitas  silvestres.
Meter no forno entre 30-45 min.
Este é o resultado; sinto que as fotos son algo malas, son co móbil!!!.





Quen se atreve coa receita?. mandádeme fotos!!!!


viernes, 26 de agosto de 2011

Que tal vai o verán?

Boas familias!. Como vai ese verán?. Xa estamos a piques do novo curso e encantaríame saber como pasastes o verán, que fixestes, se vos gustou o video de despedida... ogallá me contedes cousiñas pronto, podedes escibirme ao enderezo electrónico:
aescoladivertida@gmail.com
mandádeme fotos e póñoas no blogue. 
Este ano foi moi bonito, espero que me recordedes con tanto agarimo como fareino eu, mil grazas unha vez máis. 
 Un biquiño enorrrrrme!!!,
Isa.
PD: xa estrenei a mochila e cada vez que a uso e din que bonita é dígolles regaláronma os meus pequechos!!!.