viernes, 11 de marzo de 2011

Uhmmmm, filloas!!!!

E seguimos de receitas! a pasada semana, e para preparar o Entroido andivemos ben, ben atarefad@s; fixemos o noso disfraz de auga, que levounos 3 semaniñas de traballo, antiface, xogos e moitas cousas de tepo de troula. O mércores decidimos facer a recita das filloas.
Os INGREDIENTES son os seguintes:
3 OVOS
100 gr. de FARIÑA
AZUCRE ao gusto
1 VASO DE LEITE (pódese facer con auga de caldo limpo)
MANTEIGA para untar (pódese facer con touciño)




PREPARACIÓN:
Deitar o ovos nun cazolo e batelos, engadir a fariña e remexer ata que non haxa grumos;  engadir o azucre ata a súa disolución. Cando esté ben xuntiño botámoslle o leite e remexemos ata que quede líquido.
Por unha tixola a quecer e untar  o fondo de manteiga. Deitar un cullerón  da mistura na tixola e esperar a que se solidifique. dar a volta e deixar que se doure.
Sacar a filloa da tixola, por nun prato e botarlle azucre.
 E.... voilá!!!!
Mirade que cociñeir@s!!!!
 

Cumples de Uxi e Fer

O pasado mes celebramos na aula o cumple dos compis Fer e Uxía; a verdade é que estábamos moi nervos@s porque a profe díxonos que íamos facer maxia (relacionada cambio do estado da materia). Todo empezou colocando as galletas, iso era normal, e cada vez preguntavámosnos:
Cando ven a maxia profe?
Tras as galletas colocamos a mermelada, outra vez galletas, a nata e logo xa viu a...
¡¡¡¡¡MAXIA!!!!
Tras varios tentos de partir un chocolate que estaba máis duro que un ferro (vede as caras de forza  d@s peques) o chocolate consegui partirse ( a profe tamén axudou). Despois encendemos o forniño, e  fixemos algo que chamou moito a atención, puxemos auga nunha pota e logo outro cazoliño dentro con chocolate, e iso chamábase "Baño María"  e  derretemos o chocolate.
O resultado e proceso foi iste:


domingo, 6 de marzo de 2011

Para relaxarse nas vacacións...

Ola familias! cómo van esas vacacións?, espero que moi ben e que collades moita, moita enerxía para a volta. Hoxe, dado que estamos traballando o coidado do corpo e a alimentación, ocurríuseme que podía poñervos un enlace para quen quixera practicar algo de Ioga na casa c@s pequech@s.
Espero que o disfrutedes!.