domingo, 27 de noviembre de 2016

Visita museo do mar

Fixemos unha visita ao Museo do mar onde puidemos ver o acuario, e dentro del diferentes especies mariñas: un tiburón, cabaliños de mar, peixes paiaso, mantaraias... Tamén déronnos unha charla informativa sobre os animais do acuario, déixos unhas fotiños,hai motas máis que veredes en fin de curso.







Obradoiro de arte e manualidades

Como ben saberedes estes días andamos moi ocupados/as aprendendo a facer pompóns, francamente pensei que íalles costar algo, a realidade: fixéronno de cine, déixovos coa inquedanza de saber para qué os empregaremos;).Tamén andamos a voltas coa obra do pintor manierista Giussepe Arcimboldo, o resultado, en breve, nas vosas casas.

 










Unha de castañas!

Como cada ano celebramos o magosto na escola, para elo preparamoso bolsiño das castañas nun obradoiro coa cla se 4º de Ei, quedaron moi chuscos, non si?. Despois fixemos xogos populares en grupos mixturados con todo o cole e,  como non!, paparotada de castañas!.









Chegou o Samaín

Chegou o Samaín e con él chegou a bruxa piruxa e "Corre, corre, cabaciña", fixemos actividades como a decoración da nosa porta (é unha bruxa verde- Bruxa Piruxa con sombreiro) fixemos os seus ollos e o seu sombreiro, nestes días colgo foto pois caéusenos o sombreiro da bruxa :). Tamén os compis de terceiro viñeron a facer o "trick or treat"que os/as peques entenderon xenial. 


 

lunes, 7 de noviembre de 2016

Miniconto_poesía

O pequeno vermiño encantoulles, animádevos a aprender este miniconto en formato poesía toda a familia.

Miniconto_poesía

O pequeno vermiño encantoulles, animádevos a aprender este miniconto en formato poesía toda a familia.

Visita asociación de xordos

O venres tivemos a visita da Asociación de xordos de Vigo, contáronnos un conto moi chulo dun cocodrilo que estaba namorado, empregaron sinais coas mans e unha traductora interpretábaas, o cal chamoulles moito a atención.
Aprendemos como se dí xirafa, cocodrilo, mono, oso...
Foi moi divertido.
 
 


Retroconta ABN

Como sabedes na aula traballamos certos aspectos matemáticos con ABN, hoxe ensinámosvos como aprendemos a contar "cara atrás, cara atrás" con depegue de cohete incluído. :) 
 

domingo, 6 de noviembre de 2016

Mandalas

Os mandalas axúdannos a conseguer relaxación e favorecen o control sobre o noso corpo e a nosa mente (autocontrol). No Recuncho da plástica levamos uns días traballando os mandalas e esta vez empregamos a técnica do puntillismo(pintar con puntos). É un traballo complicado pero que os/as peques fan de maravilla, están quedando preciosos, en breve na casiña!!!


miércoles, 2 de noviembre de 2016

Preparativos dos aniversarios 
Preparar os aniversarios é moita traballeira pero os/as peques disfrutan e só por iso paga a pena; é un momento especial, facemos o agasallo do/a homenaxeado/a entre todos/as.
No primeiro aniversario, o de Valeria,  preparamos a torta de "mentirijilla" na que sopramos con seguridade;)


Cantamos??

Cantamos?
Esta é unha das nosas canción do outono, animádesvos a cantala? :)
https://youtu.be/WU__Y_XPgkM

Chegou o outono

Chegou o outono
Como cada ano chega o outono e na aula aproveitamos para decorar o pasillo e poñelo ben bonitiño. Pintamos follas e fixemos un mural coas nosas mans  e boliñas de papel seda simulando ser árbores; aproveitando que xa chega o Samaín fixemos pantasmas con follas.





Maceteiros chuscos
Unha das primeiras actividades que fixemos xunto cos nosos mateliños, foron os maceteiros. entre todos/as eleximos as cores e pintamos uns maceteiros que  imos empregar para por as nosas plantas.
Fixemos unha xoaniña e unhas flores coas nosas pegadas.




 
BENVID@S AO CURSO E AO BLOGUE!!!

Ola familias, sede benvid@s a este espazo de intercambio e participación!!. 
Iniciamos novo curso con moita ilusión e ganas de compartir convosco o que facemos na aula. 
Irei subindo aos poucos fotos dalgunhas actividades que facemos na aula e no cole; ao final de curso teredes un CD con todas as imaxes que podedes ver aquí.
Apertas, seguídenos e participade moito!
Isa.