domingo, 23 de octubre de 2011

A cousa vai de Bruxas, pantasmas...

Ola familias! estes días andoalgo atarefada pesquisando cousiñas na rede sobre as bruxas, os pantasmas...
déixovos uns links para que vexades uns vídeos divertidos!. NOTA  están na lingua de MONKEY!!!! In English!. Enjoy them! 
(clickade nas imaxes)

 A BRUXA MEG




OSOS DIVERTIDOS- Episodio "Dalle un oso ao can"
Eiquí póñovos unha páxina con moitos poemas de monstros, pantasmas...
Unha aperta!
http://www.poemitas.com/monstruos.htm 
(clicade enrriba do enlace e veredes as poesías)

viernes, 21 de octubre de 2011

Preparando o corpo para o Samhaín!

Ola familias! Estes días andamos moi, moi atarefados na escola; xa empezaron a chegares as primeiras cabazas á escola! unhas son pequerrechas e outra enooooooorme!!!, estanos a quedar a clase chulíííísima!!!. nos seguirntes días tomaremos fotos, pero ímosvos contar o que faremos:
 durante toda a semana confeccionaremos monstros de brick e traballaremos o tema do medo; asemade faremos un obradoiro de cociña no que imos facer magdalenas-araña e magdalenas- momia!. Nuns días poñémosvos fotos!, mentres tanto deixámosvos unhas cousiñas para que vos divirtades en casa:
(fai  clic nas imaxes para  ver os vídeos)
MANI MANITAS: VÍDEO DE HALLOWEEN.










CANCIÓN:"LA BRUJA LOCA"


POEMA DEL VAMPIRO:
Era de noche,
había un castillo,
se abre la puerta,
entra un vampiro,
mete la mano,
saca un cuchillo,
y...,
unta mantequilla, unta mantequilla, unta mantequilla.

POEMA DA ARAÑA: 
Unha araña pequeniña, 
teceu, teceu, teceu,
veu a choiva e  ao chan caeu,
abriu o sol,
e a choiva marchou,
e a araña pequeniña,
de tecer rematou.

viernes, 14 de octubre de 2011

Noticias frescas de... NOA e VEGA!!!!!

Ola familias, o outro día levei unha grandísima sorpresa ao abrir o correo! tiñamos noticias de Noa e Vega.
A nosa Noa xa foi operada e está recuperada! do cal alegrámonos MOITO!!!, este ano non puido ir moito á praia pero vai xuntar as ganas de bañarse para o ano que ven!!!, e ainda así aproveitou as actividdaes do Concello! ben feito Noa!
Sei que andivo vestindo a Elmo e xogando na web, qué ben!!!!
Tamén foi ao zoo! mirade que guapa está na foto!
E tamén recibimos noticias de Vega!!!! sabemos que nos segue e que nos bota de menos taaaaaaaanto como eu a vós!
Biquiños familias!!!