martes, 26 de octubre de 2010

Boñequiños para disfrazar!

Ola familias!:
Lembrades cando de pequenos/as vestíamos a bonecos/as de papel?. Déixovos unhas imaxes para imprimires en casiña e que disfracedes ao/as bonequiños/as.



domingo, 24 de octubre de 2010

Seguimos con a bruxiña Marcelina

Olá de novo familias, déixovos unha actividade feita por Tatiana Rivero (http://ogrupodemarin.blogspot.com) sobre o libro da bruxiña Marcelina, espero quea disfrutedes.

Parabéns polo teu traballo Tatiana e "unha aperta de oso".



 PREMEDE na imaxe!!!

Merendas da aula

Facendo clic  na imaxe podesdes ver  o menú de merendas da clase,  e imprimilo na casa.
Este menú serve para poñelo pegado na cociña nun sitio visible e para consultalo cando preparedes a cotío a merenda do seguinte día; asemade con esta actividade conseguimos interiorizar os días da semana por asociación coas merendas.

viernes, 22 de octubre de 2010

Un libriño máis!



Ola familias! Como vedes seguimos co outono e as súas festas é por isto que eiquí déixovos un libriño para que disfrutedes en xuntos/as;titúlase "MARCELINA E A NOITE DE SAMAIN".









Tras leres o libriño na casa propónovos dúas actividades:
Colorear a bruxiña Marcelina

Colorear e montar a cabaciña


Espero que o disfrutedes!
Animádevos a participar no blog, as vosas aportacións son sempre ben recibidas!
(* esté libro está recollido na páxina dunha profe-Tatiana Rivero).

domingo, 10 de octubre de 2010

Traballando o Samhaín

Na aula de 3 anos da escola de Couso estes días andamos traballando o corpo, o Samhaín (da tradición celta) e o Halloween. Aproveitando estes temas engado eiquí uns links para poder ver e disfrutar na casia. trátanse de:
Dous cortos de Disney:
" O baile dos esqueletes"

"Haunted House"

E dous vídeos:
"Skeleton dance"

"La canción de los esqueletos"

"Mueve que te mueve"

Disfrutádeos!.

sábado, 9 de octubre de 2010

Primeira tarta e primeiros cumpleañeiros!

O venres tivemos na escola o primeiro obradoiro de tartas: montamos a tarta co magnífico biscoito, primeiro costábanos un pouquiño untar a nocilla pero, aos pouquiños conseguímolo, e, como podedes ver, eiquí hai madeira de cociñeir@s!. Tamén tomamos uns aperitivos de millo e zume, moi, moi ricos, e o millor, que pasámolo ben divertido!.
Moitas grazas ás familias de Hugo e Lara pola vosa colaboración!, sen vós non sería posible!.
Eiquí vos deixamos unhas fotiños!.
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡PARABÉNS!!!!!!!!!


miércoles, 6 de octubre de 2010

Un libriño de monstros!


Xa estamos en outubro, comezou o outono e con este mes a celebración de moitas festas. Estes días andamos algo enredad@s co Samhaín, coas pantasmas, bruxas... Deixovos un libriño para que leades en casiña dun monstro  moi, moi particular. para lelo facede clic na imaxe, e depois, para pasar de páxina, ídelle dando ao símbolo  da flecha que está sobre a imaxe.