lunes, 27 de septiembre de 2010

Aprendendo a comer

Unha das propostas que fago cada ano ás  familias é o desenvolvemento das "Merendas Saudables". Cada día da semana establécese unha merenda predeterminada, ¿pero en que beneficia isto aos/ ás pequechos/ as?, vexamos:
- aprendemos a comer,
- aprendemos a aceptar distintos tipos de alimentos,
- aprendemos hábitos alimenticios relacionados co feito de comer: lavar as mans, emprego de mantel,  manter limpa a mesa tras comer, hábitos de mastigación...
- aprendemos a comer en sociedade ( con outros/ as distintas da nosa familia),
- asegurámonos que a proporción de calorías, nutrintes, etc é adecuada á nosa idade.
 Eiquí vos deixo uns libriños moi chulos relacionados coa alimentación:

Watt, F.(2001). ¡Vamos a comer!. Barcelona:Usborne.
Prezo: sobre  6 Euros



Smith, A. (1998).¿Qué pasa cuando comes?. Barcelona:Usborne
Prezo: sobre 9 Euros.